Legatum, da escultura ao chocolate

Legatum, da escultura ao chocolate

O venres 7 de febreiro as 20:00 h, en Allariz, na sede da Fundación Vicente Risco.

 O vindeiro venres, 7 de febreiro, ás 20 horas na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz, presentamos a exposición "Legatum, da escultura ao chocolate".

Esta creación é froito da colaboración entre cinco escultores galegos de renome: Acisclo Manzano, Soledad Penalta, Xosé Cid, Arturo Andrade e Acisclo Novo que crearon cada unha das pezas (Xénese, Agarimo, Díscolo, Odisea e Perenne) e Fina Rei, da man de Marcos Mosquera, que as recreou para crear unha colección de esculturas de chocolate recheo co fin de emocionar cos cinco sentidos.

Arte e repostería fúndense da man.

Por que Legatum?

Fina Rei quería con este produto levar a repostería a un nivel superior. A idea detrás de Legatum era clara: crear un produto elegante, innovador e simbólico, manténdose fiel á tradición e abrir novos camiños de colaboración cos nosos creadores para acadar novas fronteiras en canto a creatividade e deseño.

 Acerca de Fina Rei

Fina Rei, fundada en 1971 en Allariz, Galicia, sempre foi sinónimo de repostería artesanal de alta calidade. A empresa soubo combinar tradición, innovación no deseño e calidade en cada un dos produtos ó longo dos máis de 50 años de experiencia. Defínese  dende o seu ámbito gastronómico como firme defensora da nosa cultura, e posúe a idea e a sensibilidade necesaria para afrontar con humildade e firmeza o reto medioambiental ao que nos afrontamos.

Coleccion Legatum Fina Rei