Voltan os roubos de cobre en Vilar de Barrio
15:06 06/02/25
15:06 06/02/25
O suposto ladrón foi sorprendido cando estaba recollendo o cobre.
A Garda Civil de Vilar de Barrio detivo a un veciño de Verín, de 40 anos, como presunto autor dun delito de roubo, tras ser sorprendido cando estaba manipulando 240 metros de cable telefónico, que previamente cortara entre Porto e Vilar de Barrio.
A Garda Civil, tras sorprendelo, recuperou o cable e varias ferramentas utilizadas para a manipulación do cable.
O caso está sendo investigado polo Xulgado de Instrucción de Xinzo de Limia, que determinará as medidas xudicias pertinentes.
Estes roubos levan sucedendo dende fai anos por diferentes grupos criminais, que xa foron detidos.