10 dias sen auga e o concello di que non é o seu problema
Aldea do Muiño está sen auga canalizada e a espera dunha solución, ou de saber de onde ven o problema para saber a quen lle corresponde solucionar o problema, segundo a alcaldesa de Rairiz Asunción Morgade
Os veciños e veciñas de Aldea do Muiño, concello de Rairiz de Veiga, puxéronse en contacto con Dendealimia para denunciar a situación que levan vivindo dende fai mais de 9 días, e segundo nos contan, parece que a solución vai tardar.
Dende fai 3 meses teñen a aldea en obras pola nova canalización de auga, unhas obras que parecen non rematar nunca. Pero o problema é ese, o problema é que levan dende o mércores 29 de xaneiro sen auga.
Ante esta situación puxéronse en contacto co concello para saber como podían resolver o problema, pero a resposta do concello foi que "Alegan que como a auga é do pueblo o problema é do pueblo", sen tan sequera visitar a aldea para comprobar de onde ven a avaría, para saber de quen é a responsabilidade. Si o problema fose ese os veciños e veciñas xa houberan atopado solucións, pero as obras do novo abastecemento veñen por ordenamento do concello, entón probablemente o problema veña derivado desas obras.
Os veciños e veciñas lamentan que no ano 2025 un pobo leve sen auga 9 días.
Se nos remontamos atrás no tempo, fai 1 mes o concello tivo que reparar unha rotura no cano da canalización vella. Polo que tamén se atopan sen auga da canalización vella.
En resumo, Aldea do Muiño está sen auga canalizada e a espera dunha solución, ou de saber de onde ven o problema para saber a quen lle corresponde solucionar o problema.