Salseo Ourense contradice a Asociación de Hostaleiros da Limia
Apelan por un comportamento civico e respetuoso
Este Entroido está traendo moitas controversias, a última; esta maña a Asociación de Hostaleiros da Limia facía chegar aos medios unha nota de prensa onde puña de manifesto a preocupación existente pola avalancha de xente que se espera para o Petardazo, este sábado.
Nela pedían axuda ao concello e a os corpos de seguridade para evitar que o primeiro día de Entroido se converta nun "botellódromo", ante este manifesto houbo reaccións de todo tipo.
Unha delas foi a da conta Salseo Ourense (salseo_oucity), unha conta de Instagram na que tamén fletan autobuses para vir ese día, pero neste caso os administradores da conta fannos saber que eles non promoven estas accións, ao contrario, na súas redes sociais fixeron un comunicado pedindo claramente Respecto para os veciños, Recoller todo o lixo que poidan xerar e apoio ao comercio e a hostalería local. E dicir, piden civismo a todos aqueles que asistan as viaxes organizadas por eles.
Na nota de prensa da Asociación tamén se menciona unha empresa de transportes que leva anos traendo xente, pero sen facerse cargo da responsabilidade dos viaxantes, cousa que Salseo Ourense si que apela aos seus "viaxantes" respecto e civismo.