Sonetos do Entroido por Alfonso C.Lois

Sonetos do Entroido por Alfonso C.Lois

Soneto do Petardazo

Que é, que tanta xente se congrega

na Praza de Casares, disfrazada?

Por que está feliz e ilusionada?

Parece que algo espera e que xa chega!


Está o pobo nervoso. Quen o nega!

Achégase xa a hora desexada!

Saíu a mocidade de ruada!

 e á festa, con paixón, feliz se entrega.


Que foi? Que anconteceu? –Dime, rapaza.

Por que troulea a xente sen cansazo?

Por que inzada e chea está esa praza?


“O Entroido comezou xa nese espazo.

A xente é feliz cando se abraza;

    en Xinzo está a gozar do PERTARDAZO!

 DSC7064

Alfonso Carlos Lois