Conformado o PMA do Petardazo
A partir das 18:00 comezou a funcionar como Posto de Mado Avanzado co camión da AXEGA
Por primeira vez o camión da AXEGA trasladouse ata Xinzo para coordinar o dispositivo de seguridade no que participa o concello coas distintas concellerías e os membros de seguridade da Guardia Civil e Policía Local, así como Protección Civil e Cruz Vermella e o persoal do PAC de Xinzo.
Segundo nos comentou o xefe da policía local este ano contan con efectivos da policía de Coruña que votarán unha man no operativo desta noite do Petardazo que se espera que sexa o de maior afluencia nos días de Entroido.
Argibay, técnico da AXEGA tamén anunciou os dispositivos cos que conta a unidade desprazada ata Xinzo, que este ano conta con 7 cámaras que vixian constantemente os lugares de máis afluencia de público e que como sempre estan en todo momento en comunicación on line co 112 de Galicia para calquera emerxencia que xurda.
Todas as persoas que forman o operativo desta noite esperan que todo discurra sen incidencias. Tamén está xa operativo o posto violeta para calquera circustancia anómala de violencia machista.