Controis de drogas e armas na chegada dos autobuses
Policía local de Xinzo, Garda Civil e un grupo especializado con cans de A Coruña están levando a cabo os controis
Dende a primeira chegada do primeiro autobus, e van 7, algún deles con 70 pasaxeiros os efectivos dos corpos de seguridade acompañados cunha dotación canina están levando a cabo controis aleatorios entre os viaxeiros que se achegan ata Xinzo en autobuses fretados para celebrar o Petardazo.
Drogas, armas e alcohol a menores
Dous membros dos corpos suben aos autobuses e controlan a baixada dos pasaxeiros, algúns dos que dirixen a uns locais da parada de autobuses para que os cans detecten drogas. Tamén identifican aos menores que leven bebidas alcohólicas e practican as identificacións e denuncias pertinentes, se é o caso.
Máis de 20 policías locais e gardas civís participan no operativo dirixido polos xefes de Policía Local de Xinzo e da Garda Civil.