A CHMS limpa os ríos Bidueiro e Airoa (Rairiz de Veiga e Os Blancos)

A CHMS limpa os ríos Bidueiro e Airoa (Rairiz de Veiga e Os Blancos)

A inversión estimada superará os 75.000€



A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa cos traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación.

Na provincia de Ourense, esta semana, 2 brigadas compostas por 5 operarios especializados cada unha, traballan no municipio de Rairiz de Veiga, nun tramo que abarca máis de 6 km do río Bidueiro; e en Os Blancos, en 2,2 km do río Airoa.

Actuacións que melloran a capacidade hidráulica de ambos canles e que consisten na retirada de árbores secos, en pe e derribados e na eliminación de tapóns que puideran obstaculizar o paso de agua.

No caso concreto do río Bidueiro retiraranse as árbores secas en pe con risco de caída sobre a zona de servidume, dominio público hidráulico e fincas particulares;  non se realizaran desbroces, salvo que sexa estritamente necesario para acceder a algún exemplar cuxa retirada sexa imprescindible, en tal caso  realizaríase sempre tendo en conta que se trata dun espazo natural protexido.

No río Airoa retiraranse as árbores tumbadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que obstaculizan e diminuen a capacidade de desaugue da canle.

É importante destacar que no caso de cortas de amieiros, aplícanse as medidas o recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

A inversión estimada na finalización dos traballos nos leitos enumerados superará os 75.000 euros.

Imagen2