II Certame Literario ANTÓN TOVAR

II Certame Literario ANTÓN TOVAR

O Padroado do Museo da Limia convoca o II certame literario Antón Tovar, patrocinado por Bienestar Hoteles y Resorts SL

A Asociación Padroado do Museo Etnolóxico da Limia (Vilar de Santos) convoca o Certame Literario Antón Tovar, na súa segunda edición, de acordo coas seguintes BASES:

1. A participación está aberta a cantas persoas o desexen, cun máximo de dúas obras por autor/a.

2. As creacións, orixinais e inéditas, escritas en lingua galega, poderán ser en prosa ou en verso, cunha extensión máxima de 400 palabras para os textos prosísticos e de 30 versos para as composicións poéticas.

3. A temática dos textos ten de glosar algún(s) aspecto(s) da obra e da persoa do escritor e/ou da súa relación co territorio limiao.

4. As creacións estarán escritas en formato DIN A-4, letra tipo Times New Roman de 12 puntos e interliñado 1,5.

5. As obras, con lema e sen nome do/a autor/a, enviaranse por triplicado a este enderezo: Certame Literario Antón Tovar. Museo da Limia, Rúa de Celanova, nº 63. 32650 - Vilar de Santos (Ourense). Nun sobre pechado no que figure o lema, introducirase o propio lema, unha copia do documento de identidade e un teléfono de contacto do/a participante.

6. O prazo de presentación dos traballos abranguerá até o día 25 de abril de 2025.

7. Establécese un único premio, patrocinado por Bienestar Hoteles y Resorts SL, consistente nun bono para pasar unha fin de semana, antes do 31/12/2025 para unha parella, en pensión completa, no Hotel Bienestar Termas de Monção ou Hotel Bienestar Termas de Vizela (Portugal). A data será elixida polo/a premiado/a e adaptarase ás dispoñibilidades do establecemento.

8. O xurado estará formado por cinco membros designados pola Xunta Directiva da Asociación Padroado do Museo Etnolóxico da Limia.

9. O fallo do xurado, que non admite apelación, farase público no mes de maio.

10. A entrega do premio será o día 14 de xuño, nun acto de lembranza do poeta da Pereira no Museo da Limia.

11. A creación premiada será publicada na revista Tempos Novos, que colabora con este certame.

12. A participación no certame literario Antón Tovar implica a total aceptación das presentes bases.