Protéxete no Día de Internet Segura 2025
Hoxe celebrase a nivel mundial o Día de Internet Segura, baixo o lema “xuntos por unha Internet mellor”, coa cal buscase fomentar unha cultura de autocoidado e o civismo dixital dos cibernautas.
Este día é unha excelente ocasión para recordar a importancia de manternos protexidos en liña, entendendo que a vida virtual hai que protexela hoxe tanto como a física. Garantir a seguridade e privacidade ao 100% non é posible pero si hai unha serie de medidas que podemos adoptar para melloralas.
Cando un usuario de internet non conta coa información necesaria para protexerse dos ataques que ocorren na rede, corre o risco de ser vítima de delitos como fraude, acoso, ameazas, extorsión... Os menores tamén son presa dos cibercriminais, xa que pola súa falta de experiencia e madurez en ocasións non logran discernir a información nin os riscos ao navegar en internet, como: acoso, ciberbullying, grooming, incidentes derivados do sexting, suplantación de identidade ou navegar en páxinas con contido que incita ao odio, violento ou para adultos.
Polo anterior, o Equipo @ da Comandancia da Garda Civil de Ourense recomenda realizar unha serie de accións para navegar de forma segura en internet.
Recomendacións xenerais:
• Descargar e actualizar antivirus en todos os dispositivos electrónicos que se conectan a internet.
• Utilizar contrasinais seguras con letras, números e caracteres especiais e utilizar autenticación de dous factores (2FA) sempre que poidamos.
• Descargar as aplicacións en tendas oficiais.
• Protexer e actualizar os navegadores web, sistemas operativos e aplicacións instaladas.
• Non utilizar WIFI,s gratuítas para realizar transaccións ou enviar datos sensibles.
• Non facer clic en enlaces de mensaxes sospeitosos (phishing).
• Se recibes unha mensaxe urxente do teu banco ou conta, verificar directamente dende a web oficial, nunca dende enlaces do correo.
• Usar solo métodos de pago seguros (tarxetas virtuais, PayPal, etc.)
• Activar alertas no banco para detectar movementos sospeitosos.
• Nunca compartir información bancaria por correo ou redes sociais
• Non aceptar a descoñecidos en redes sociais.
• Evitar proporcionar datos personais a descoñecidos.
• Procurar no compartir ubicación, imaxes ou fotos que poidan identificar o seu domicilio ou entorno.
• Configurar a privacidade en redes sociais. Recomendacións para que os menores naveguen seguros:
• Configurar sistemas de control parental.
• Establecer regras sobre o tempo de uso dos dispositivos electrónicos. conectados a internet.
• Solicitar aos menores que se comporten de xeito respectuoso fora e dentro do ciberespacio.
• Falar cos menores sobres os riscos que existen en internet.
• Inculcarlles o coidado da súa identidade cando naveguen na rede.
• Explicar o impacto que unha publicación ou comentario en liña poda ter
• Comentar que todo o que se publica en internet estará no mundo dixital para sempre.
A principal recomendación, a prudencia, o sentido común. Promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía é o gran obxetivo. Insistir en recordar que denunciar rápido, non dar datos personais por Internet e en caso de sospeita de estafa, avisar ao banco canto antes, é fundamental.