Comeza a parte "Tradi" do Entroido

Comeza a parte "Tradi" do Entroido


Sábado de colgamento do Meco e domingo Oleiro

Este fin de semana comeza a parte "Tradi" do Entroido. Entre lusco e fusco, o MECO percorrerá as rúas do casco vello ata chegar a Praza Maior.

Pero antes, as 16:00 h, no Museo Galego de Entroido terá lugar a entrega e presentación dos traxes dos personaxes de entroido de A Veiga, o Charrelo e o Boi. Despois deste acto os mozos e mozas do Folión dos Charrelos da Veiga encheran as rúas cos son dos seus bombos, xunto cos Charrelos. 

479190169 9134667483278569 5498922256781625567 n

Despois a iso das 21:00 h, terá lugar o concerto de Zurrumalla e Vai Rañala Meu, na rúa Curros Enriquez, pero en caso de que a choiva faga acto de presencia, o concerto trasladarase de localización, a praza Xoán XXIII onde esta semana se instalará unha carpa. 

Xa o domingo terá lugar o Oleiro, pola maña o infantil e pola tarde o de adultos. Un total de 400 olas faran as delicias de cativos e non tan cativos. O recinto onde van a lanzar os adultos será de 65 metros liñais, que estará valado como medida de seguridade.Dada a afluencia de xente que acude a ver as olas voar, haberá unha ambulancia, protección civil e policía local, vixiando e coidando que non suceda nada.

WhatsApp Image 2025 01 23 at 20.35.24 (1)