Os cromos nunca pasan de moda
Os cativos e cativas deportistas da Limia son protagonistas de dous albumes de cromos coleccionables.
O clubes A.B.Xinzo, Club Kárate Xinzo, A.D. Limiactiva e as E.D.C. Xinzo de Limia coa colaboración da Concellería de Deportes lanzan unha colección de cromos, onde os protagonistas son os deportistas dos clubes, nas categorías base. A iniciativa busca fomentar o deporte e recoñecer o esforzos dos e das deportistas.
A colección consta de 2 albumes, un onde aparecen os nenos e nenas do A.B.Xinzo, Club Kárate Xinzo e A.D. Limiactiva (Baloncesto, Kárate e Atletismo) e outro onde atopamos os das E.D.C. Xinzo (Fútbol, Fútbol Sala e Ximnasia).
En total mais de 700 nenos e nenas que forman parte dos clubes teñen o seu cromo personalizado.
Todos os integrantes dos albumes pódenos recoller nos diferentes clubes de balde e os cromos, que cada paquete costa 1€, están a venda en: as instalacións deportivas municipais (Pavillón Municipal, Piscina Climatizada, Campo de Fútbol) , tendas de doces (Candy Store-praza San Roque, Chuches Praza) e varias librerías (Librería Galaica) do pobo.
O recadado destinarase para sufragar os gastos da colección e o sobrante irá destinado as actividades dos nenos e nenas dos clubes participantes.
Completar a colección ten premio
Aos primeiros en completar a colección dos dous albumes a Concellería de Deportes premiaraos cunha tablet.