Gabriel Alén e Amador Díaz poñen en valor a confección tradicional da Pantalla

Gabriel Alén e Amador Díaz poñen en valor a confección tradicional da Pantalla

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe Xinzo de Lima

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe Xinzo de Limia para coñecer de primeira man o proceso tradicional de elaboración da Pantalla, a icónica máscara do Entroido local, recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional. 

Acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, percorreu o obradoiro Arte Arrebol, especializado na confección artesanal destas máscaras e inscrito en Artesanía de Galicia.

MAR08519

Na súa chegada, os representantes da Xunta foron recibidos polo alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, xunto cos concelleiros Cristina Campero e Ramón Gómez, nun encontro que puxo en valor a importancia da Pantalla non só como símbolo do Entroido, senón tamén como parte fundamental do patrimonio cultural e identitario da vila.

MAR08504

O alcalde destacou que “a Pantalla non é só unha máscara, senón un legado vivo que se mantén grazas ao traballo artesanal de persoas comprometidas coa nosa historia e tradición.”  Durante a visita, Gabriel Alén interesouse polos materiais e técnicas tradicionais empregadas na confección das máscaras.

MAR08460