Mais de 1500 escolares desfilaran o venres pola maña en Xinzo

Mais de 1500 escolares desfilaran o venres pola maña en Xinzo

O desfile saíra as 11:30 dende a avd. de Ourense e rematará no CEIP Rosalía de Castro

Esta mañá tivo lugar a reunión dos diversos centros educativos da contorna, co concelleiro de festexos, Ricardo Sieiro, cos membros da policía local e de protección civil.

1

Este ano o desfile será en sentido contrario, sairá da avd. de Ourense e rematará no CEIP Rosalía de Castro, onde ofreceran, a xa tradicional chocalatada con bicas, para todos os participantes.

Todos os nenos e nenas, agás os do Rosalía, sairán do CEIP. Carlos Casares, percorrendo a rúa Marcelo Macías, ata chegar a avd. de Ourense, onde se xuntaran cos nenos e nenas do CEIP. Rosalía de Castro, que previamente percorreran as rúas Rosalía, Lepanto, Constitución, Santa Mariña e rúa do Peto. Unha vez se xunten todos atravesaran Xinzo pola avd. de Ourense, Avd. de Madrid e rúa Rosalía de Castro.

2

O tráfico ródante estará cortado durante o desfile. 

En total mais de 1500 nenos e nenas encheran as rúas de cor e música, mostrando o traballo de todos estes días. Os alumnos e alumnas do Rosalía de Castro sairán as 11:00 e os do Carlos Casares as 11:15, para xuntarse todos as 11:30 aproximadamente, na avd. de Ourense.

Wmremove transformed

O cartaz do Desfile Infantil foi votado esta maña, as propostas foron feitas polos alumnos e alumnas dos diversos centros. O gañador foi Francisco Quiroga Iglesias, alumno de 5º do CEIP. de Sandiás.

Os cartaces participantes estarán expostos, xunto co gañador, na Casa da Cultura a vindeira semana, e durante todo o Entroido.


12