SONETO DO “COLGAMENTO DO MECO”

SONETO DO “COLGAMENTO DO MECO”

Por Alfonso Carlos Lois 

Inerte, impasible e descarado

o MECO, entre fachóns, é conducido

(destino que o felón ten merecido)

á morte á que o ruín foi sentenciado.


Nun carro, entre risas, é paseado

espido e aldraxado, aborrecido;

por ser un luxurioso empedernido

na Praza, sen perdón, vai ser colgado.


O pobo arromédao ao son da soga

rindo, con gran zuna, as súas queixas

e aplaude ledo, vendo cómo afoga.


Colgado luce o falo e as ameixas!

E a xente, con retranca, desafoga:


“Que leves tanta paz como ben deixas!”