"A xente vaiselle a Ola"

"A xente vaiselle a Ola"

Es de eiqui ou ves a festa?

Onte este xornal publicou o programa previsto para o Oleiro, algo que a priori non debería supor ningún problema converteuse, nunha batalla en redes sobre que é o Entroido-Oleiro.

Tal foi o rebumbio que a Asociación A Pantalla mandou un comunicado "aclarando" certas dubidas e matizando as "normas" que se van levar a cabo, co único fin de velar pola seguridade de todos e facer do xogo das olas algo equitativo e colaborador.

Pero isto non foi suficiente, as redes seguen enchéndose de comentarios, uns critican as "normas", outros a procedencia dos xogadores, e moitos outros entroideiros analizan a situación en clave de humor. Pero cal é realmente o problema? O que uns consideran "tradición" para outros é unha falacia?

Quen son os de "fora"? 

Quen ten mais "sentimento"? 

Como se mide a pureza da raza Limiá?

A sátira do Entroido de Xinzo é lexendaria, mostra dela son algúns comentarios, que o mesmo tempo informan da nova taxa do lixo:

WhatsApp Image 2025 02 14 at 20.40.00


Hainos que inda queren volver mais internacional o Entroido:

WhatsApp Image 2025 02 14 at 21.04.04

E quen o compara cun programa de televisión onde os pobos compiten por ser o mellor:

WhatsApp Image 2025 02 14 at 21.03.39

Ou os que queren medir a pureza limiá seguindo os criterios vascos, para saber quen é de "fora":

WhatsApp Image 2025 02 14 at 21.04.12

E como a palabra "normas" parace ser a causante de todos os males, algúns queren añadir mais:

WhatsApp Image 2025 02 14 at 21.04.18

E non poden faltar os que recurren o humor gráfico ou directamente so lles importa a festa: 

WhatsApp Image 2025 02 14 at 21.22.27

WhatsApp Image 2025 02 14 at 21.04.00


Todos os Entroidos hai polémicas, onde está a unión e o orgullo dos limiaos polo seu Entroido?