Xosé Eladio colaborou cos nenos do PAI de Sandiás para facer o cartaz do Desfile Infantil

Xosé Eladio colaborou cos nenos do PAI de Sandiás para facer o cartaz do Desfile Infantil

O artista plástico e muralista Xosé Eladio levouo a cabo un obradoiro cos nenos e nenas do PAI de Sandiás, para facer unha proposta do cartaz de Desfile Infantil do Entroido de Xinzo.

O pasado martes, 11 de Febreiro, tiveron no Punto de Infantil de Sandiás (PAI) o Obradoiro de Pintura para facer o cartaz do desfile do entroido de Xinzo de Limia. Acompañounos a coordinadora Cris, equipo educativo e nenos e nenas nesta máxica aventura o coñecido artista plástico e muralista Xosé Eladio que tamén está a impartir un Obradoiro de Pintura no Concello de Sandiás ao longo do ano.

Foto 1

Xosé Eladio compartiu con eles un intre divertido, no que os nenos e nenas puideron experimentar moi de preto como se pinta un cadro e como mesturando pinturas de diferentes cores saen cores novas. Estiveron moi atentos e observando como Xosé Eladio preparaba un cartón de grandes dimensións sobre o que ían pintar os nosos peques. Viron como facía cadrados de grandes dimensións e pintounos de diferentes e rechamantes e vivas cores. O que a eles gústalles.

Foto 6

Unha vez rematada a base os cativos empezaron a pintar coas mans con diferentes cores gozando ao máximo cuxa boa mostra diso dábano as súas roupas e batas. Estiveron moi entretidos. Para finalizar Xosé Eladio deulle o toque final ao cartaz plasmando sobre a pintura nun lado a nosa querida Torre do Castro e do outro lado A Pantalla.

Foto 7

Grazas Xosé Eladio por adaptarte aos nosos peques e entendelos, pola túa paciencia e facerllo fácil e a vez facer posible que o pasasen tan ben nun proceso tan creativo e imaxinativo para eles.

Foto 9