Asaltan 3 casas en Morgade

Asaltan 3 casas en Morgade

A Garda Civil están investigando os casos

Na pasada noite de Meco aconteceu un novo roubo na nosa comarca, foron 3 as casas nas que roubaron na aldea de Morgade mentres as familias desfrutaban do Entroido. 

Os asaltantes entraron nas vivendas cando non había ninguén dentro, levando ao seu paso diñeiro, xoias, roupa e aparellos electrónicos de todo tipo. A garda civil xa está traballando neste suceso.