Os músicos e músicas do Conservatorio foron de visita a Porto

Os músicos e músicas do Conservatorio foron de visita a Porto

As alumnas e alumnos do Conservatorio foron de visita turística e por suposto músical a Porto. Co apoio e a axuda loxística do Concello de Xinzo. 

O Conservatorio ten no seu Calendario Escolar diversas actividades programadas ó longo do curso, para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca. Entre elas atópanse as saídas e excursións para asistir a concertos e música en vivo.

Captura de pantalla (14)

O pasado sábado 15, un grupo de alumnos e alumnas desprazámonos a Porto para asistir ó concerto de “Música no Cinema” interpretado pola Orquestra Sinfónica de Porto na Casa da Música da mesma cidade.

WhatsApp Image 2025 02 17 at 16.23.20

Aproveitando esta viaxe fixemos un percorrido turístico polas zoas máis emblemáticas da cidade comezando dende a Ponte de Luis I e a ribeira do río Douro, e subindo até o Palacio de Cristal onde paramos para comer.

WhatsApp Image 2025 02 17 at 16.23.20 (2)