A Garda Civil ademais de droga buscaba xoias procedentes do roubo de Lobios
Operación da Garda Civil en Xinzo e en Ourense
Parece que todo ven do roubo acaecido en Lobios fai un mes
Esta maña a Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil levou a cabo unha importante operación na provincia de Ourense, despregando un amplo operativo en varias zonas claves da cidade e arredores. A operación concluíu con 4 detidos e un gran despregue da Garda Civil, con cans especializados, un helicóptero e varias unidades do instituto armada.
En Xinzo, os equipos da Garda Civil concentráronse na rúa Curros Enriquez, no número 13, onde realizaron un exhaustivo rexistro dunha vivenda e na rúa Dous de Maio, no número 57, a primeira hora da maña.
Durante a maña un helicóptero sobrevoou a zona, brindando apoio aéreo as autoridades no terreo. O rexistro rematou coa detención dun individuo, polo momento non se revelaron mais detalles sobre a operación.
Un dos detidos en Ourense, tamén é de Xinzo
Inda non transcendeu de forma oficial por parte das autoridades sobre as dilixencias, que permanecen baixo secreto de sumarial. A causa está dirixida polo xulgado comarcal de Bande.
Segundo puido saber este xornal, un dos detidos en Ourense, tamén e veciño de Xinzo e todo parece ser que isto é continuidade do roubo que se levou a cabo en Lobios fai un mes, roubo moi parecido ao acontecido con un industrial de ferretería en Xinzo.