O comercio local xa ten o seu propio punto de recollida

O comercio local xa ten o seu propio punto de recollida

Esta iniciativa facilitara e mellorara as vendas do comercio local de Xinzo

Esta maña instalouse na rúa Curros Enriquez unhas taquillas para que os negocios do comercio local melloren as súas entregas fora dos horarios comerciais. O realizar unha compra terás a opción de recollelo nas taquillas intelixentes, a través dun código QR que se facilitará na tenda onde merques.

O obxectivo deste servizo é mellorar o canal de distribución dos establecementos comerciais. 

Este servizo tamén se está levando a cabo nas comarcas de Allariz-Maceda, Baixa Limia e o Carballiño. En todos os lugares instaláronse taquillas intelixentes e un software de xestión que permitan ao cliente o acceso aos produtos fora do horario comercial, flexibilizando os horarios de recollida pedidos e posibilitando o aumento das ventas.

A inversión en equipamento comercial, a través da implantación dos puntos de entrega intelixentes ten como obxectivos:

l. Utilizar a tecnoloxía como soporte para mellorar a experiencia de compra e venta.

2. Mellorar a competitividade do comercio local orientado a novos modelos de consumo e movilidade sostible.

3. Facilitar  a compra e venta  responsable,  poñendo en valor o consumo de produtos locais, produtos KmO e produtos de comercios sostibles.

4. Captar clientes que queran realizar compras on line e recollelos con total flexibilidade horaria.

5. Garantizar a accesibilidade física a todos os usuarios, independentemente da sua idade e principalmente a aquelas persoas afectadas por alguna discapacidade ou limitacions de movilidade nos puntos de entrega intelixentes, en espazos fácilmente identificables e recoñecibles para os clientes do comercio local.

As taquillas intelixentes utilizaranse tanto para o reparto directo da mercancía dende os comercios locais e productores de alimentos de proximidade a cada taquilla como para a loxística inversa (dende a taquilla aos vendedores)