Gran fin de semana das Pantallas
O domingo, o día mais esperado para todos aqueles que se visten de Pantalla.
Comezará o sábado a partir das 19:30, onde non faltara a música, primeiro coa orquestra Los Players, que farán un primeiro pase, para logo continuar as 00:00 h. E polas rúas dende as 22:00 h, as charangas Sound Band e Elite, percorreran as rúas ata as 3:00h.
O domingo, o gran día das Pantallas, a Concellería de Festexos quere recuperar a xuntanza de Pantallas, polo que convida a todas as Pantallas ou grupos de Pantallas, de xeito voluntario, a reunirse as 12:00h no Museo Galego do Entroido, para saír todas xuntas polas rúas Dous de Maio e Avd. de Madrid ata a Praza Maior.
A música tampouco faltará, pero nesta ocasión pola maña as charangas percorreran as rúas dende as 12:00h, para evitar interromper as pantallas, tocaran polo resto de rúas da vila, evitando a zona viños e o casco vello.
Xa pola tarde as charangas volveran as rúas a partir das 18:00 h, ata as 22:00 h para seguir animando o Entroido.