A Policía Nacional recupera o roubado nas 3 casas de Morgade
A Policía Nacional de Valladolid foi a que prendeu os ladróns cando estaban metendo nas mochilas todos os obxectos nun coche alugado
Segundo informou a TVG. Os propietarios de tres vivendas asaltadas de Morgade, xa puideron recuperar o que lles roubaron o sábado. Reloxos, xoias de ouro, cámaras, teléfonos móbiles e cartos.
A Policía Nacional de Valladolid foi a prendeu os ladróns cando estaban metendo nas mochilas todos estes obxectos nun coche alugado.
Tras a investigación, puideron saber que presuntamente están detrás destes roubos de Xinzo, un en Cidade Rodrigo e outro en Valencia.
Asaltaban as casas cando non había ninguén dentro, forzando portas e ventás.Aproveitaron que a xente estaba no Entroido para entrar. Son dous homes que xa están en prisión. Un deles empregaba dúas identidades diferentes e con ambas tiña antecedentes.