"Tranquilidade aos veciños"-Amador Diaz
O alcalde enterouse do sucedido cando o xulgado de Xinzo lle solicita que abra a casa consistorial
Amador Díaz, alcalde de Xinzo, na tarde de antes de onte foi requerido polo xulgado de Xinzo para abrir as instalacións da casa consistorial sobre as 20 horas, momento no que se atopou , ademais dos gardas civis e persoal do xulgado con Jorge Luis, traballador do concello ata esa mesma mañá que acudiu ao seu posto de traballo.
"Non daba crédito ao que estaba vendo e sucedendo e por suposto que me puxen bastante nervioso, por atoparme nunha situación nunca vista, mais ala das series e películas. Teño que dicir que o traballador estivo en todo momento moi enteiro e tranquilizandome a min mesmo."
Onte Amador fixo unhas declaracións nas que pedía tranquilidade a veciñanza e deixar traballar as forzas de seguride para esclarecer todo o ocorrido. Estando a súa vez totalmente tranquilo polos datos e informes que puidera manexar o traballador tendo plena confianza en que ningún deles está en perigo.
INCREDULIDADE E INCOMPRENSIBILIDADE
Con estas dúas verbas poderíamos simplificar o estado de ánimo e o ambiente que onte se viviu entre os traballadores da casa do Concello, compañeiros todos eles de Jorge.
Todo o mundo manifestaba que ninguén cría que iso acontecera coñecendo de tantos anos a Jorge e incomprensión de que iso lle estivera acontecendo a unha persoa que o "tiña todo". Xóven, traballo moi ben remunerado e prestixio na casa. Non avistan os motivos, e todos dicían que a noite do mércores foi moi longa para a maioría, porque o sono tardou en chegar, e a maioría esperaban que ao despertar todo fose un mal pesadelo.