​Esta mañá, acompañado dos alcaldes de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín supervisou as actuacións do obradoiro de emprego ‘Couto Mixto III’

Visita do delegado territorial da Xunta ao obradoiro dual "Couto Mixto III"

Visita do delegado territorial da Xunta ao obradoiro dual "Couto Mixto III"

No obradoiro ‘Couto Mixto III’ a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investiu preto de 412.000 euros, para formar a 20 alumnos.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Baltar para, acompañado do seu alcalde, José Antonio Feijóo, o alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, e Aquilino Valencia, alcalde de Calvos de Randín, supervisar as actividades que se están a desenvolver no obradoiro de emprego Couto Mixto III, no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste preto de 412.000 euros na formación 20 alumnos - traballadores nos módulos de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (10) e Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros xardinaría (10).

210225 Visita Obradoiro de emprego Couto Mixto III 1 (1)

O delegado territorial da Xunta recalcou que unha das prioridades do Goberno galego é impulsar a formación co gallo de que as persoas desempregadas e traballadoras conten cada vez con maiores e mellores capacidades para acadar un emprego estable e de calidade que conduza ao seu benestar; “unha prioridade que se mantén intacta e que queda reflexada nos novos Orzamentos 25”, sentenciou. 

Manuel Pardo sinalou os obradoiros duais de emprego teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade da man dos expertos que a imparten; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos, así como a prestación de servizos de interese xeral e social; ademais de colaborar coas entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

O representante do Goberno galego salientou a importancia destas medidas, que a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo de interese público remunerado, estes homes e mulleres poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación -resaltou o representante do Goberno galego- adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade.

O obradoiro de emprego ‘Couto Mixto III’ No concello de Baltar están a levar a cabo a rehabilitación dos fornos de Baltar, de Aldea e do Barrio en Boullosa; a restauración do lavadoiro de Meaus, dos fornos de Montecelo, do Bouzo, de Sabucedo e de Tixós; limpeza, debruce, e plantación de árbores e arbustos no centro médico de Baltar.

No concello dos Blancos desenvolven o arranxo das áreas recreativas de Anguís, de Nocedo e de Covelas; e o acondicionamento da escola en Fontarcada e do edificio multiusos Os Blancos.

No concello de Calvos de Randín restauran os muros en Castelaus, Feas e Serois; debruce, plantación de céspede no parque infantil e no exterior do velorio de Randín; e traballos de xardinaría no parque da Peneda, na casa Cortés, e no concello.

210225 Visita Obradoiro de emprego Couto Mixto III 3 (1)