Vilar de Santos, xa ten novo alcalde
Rubén Colmenero Ferreiro
Este sábado ás 12:00 horas celebrouse no Concello de Vilar de Santos o pleno extraordinario no que tivo lugar a despedida do ata agora alcalde, Antonio Míguez Nogueiras, e a investidura do novo rexedor, Rubén Colmenero Ferreiro.
Na foto 4 xeracións de alcaldes de Vilar de Santos na etapa democrática (Rubén Colmenero, Antonio Miguez, Xan Jardón e Antón Jardón)
No acto, que contou cunha ampla participación da veciñanza, recoñeceuse o labor do alcalde saínte, mentres que o novo rexedor asumiu a alcaldía comprometéndose a continuar traballando polo progreso e desenvolemento do municipio e o benestar da cidadanía.
Tanto a veciñanza coma os integrantes
do partido arrouparon a Colmenero neste novo comezo, reafirmando o seu apoio ao
proxecto político que encabezará nos próximos anos con moita forza e ilusión.