​SONETO DO “CORREDOIRO”

​SONETO DO “CORREDOIRO”

Por Alfonso Carlos Lois

Chegou o Corredorio desexado.

Saíron xa as Pantallas tan fermosas.

Xa corren o Entroido, fabulosas,

co son das campaíñas, son sagrado.

Co xeito dos antergos, ben herdado,

lixeiras como o vento, harmoniosas,

batendo as súas vexigas, orgullosas,

xa troulan, sen parar, dun a outro lado.

Tamén hai carruseis coas criaturas

e cantan as comparsas nas tabernas.

É o tempo do bo viño e das farturas.

Parodias, risos, bailes e loucuras.

Hai gañas de troulear; ferven as pernas!

Afástanse os problemas e as tristuras.