O equipo Junior do A.B.Xinzo segue imparable
Ainda en tempo de Entroido o baloncesto non descansa.
Senior
O senior masculino, xogou o sábado pola tarde en Arteixo. O partido comezou mal, os do A.B. Xinzo non encontraron o ritmo, na segunda parte cambiaron a defensa, pero non foi suficiente o que propiciou a derrota. Xa é a terceira nesta segunda fase, as esperanzas están depositadas no partido do seguinte sábado contra o Betanzos.
As senior femininas, perderon o sábado contra o Colexio Mariano,en Vigo. O Colexio Mariano vai entre os primeiros. As do A.B deron todo de sí tendo en conta o número de baixas.
Junior
O junior masculino segue imparable, outra victoria mais, neste caso contra o Allariz.
Cadete
As cadetes feminino gañaron na súa visita a Lemos.
Os cadates masculinos perdeu contra o Depordima.
Infantil
O infantil masculino 2011 perderon contra o Depordima.
As infantis feminino 2012, xogaron o sábdo a mañá contra o Barco e perderon.
O infantil masculino 2012 perdeu o sábado pola tarde contra Maristas.
Mini
O mini masculino, primeira división da Liga Galega, gañaronlle o Meco do Grove o sábado pola maña. Cun marcador de 90- 76 a favor dos limiaos. Nesta segunda fase os minis están facendo un bo xogo e logrando marcadores altos.
As minis femininas 2014 gañaron contra o Barco.
Os minis masculinos 2014 perderon contra Maristas.
Premini
As preminis femininas xogaron contra o Mestre Vide e perderon.