A Xunta e o Concello de Sandiás invisten máis de 320.000€ para mellorar Santa Ana

A Xunta e o Concello de Sandiás invisten máis de 320.000€ para mellorar Santa Ana

Trátase de actuar neste núcleo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, que forma parte do contorno de protección de elementos do patrimonio cultural, e inclúe zonas concentradas e unha zona de montes en man común.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde de Sandiás. Felipe García Traveso, asinaron esta mañá o convenio para executar as obras de mellora de servizos e humanización do núcleo de Santa Ana, que suporán un investimento de 322.615 euros. Na sinatura deste acordo, estiveron tamén a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

250224 Vivenda CnvenioAlcldeSandiau00ecs MAC 5

Este acordo, a través do que a Xunta asume o nun 70% ás intervencións -achegará un investimento de 225.830 euros- e contratará e executará as obras. Esta colaboración da Xunta co ámbito local realizase a través do Plan Hurbe, co que se axuda aos concellos a financiar actuacións singulares que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos públicos para ofrecerlles máis posibilidades de desfrute á cidadanía.

Pola súa banda o Concello, tal e como recolle o acordo selado esta mañá en San Caetano, achegará o 30% restante do custo das actuacións, 96.784 euros, e redactará o proxecto das obras, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.

250224 Vivenda CnvenioAlcldeSandiau00ecs MAC 2

Trala sinatura do convenio hoxe, prevense licitar as obras en primavera para poder iniciar de seguido a actuación, que ten un prazo de execución de 4 meses.

Neste caso, o obxectivo da colaboración da Xunta coa administración local é actuar neste núcleo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, que forma parte do contorno de protección de elementos do patrimonio cultural, e inclúe zonas concentradas e unha zona de montes en man común.

Coas obras previstas baixo o convenio asinado hoxe procederase á renovación e ao soterramento dos servizos urbanos da rede de baixa tensión, a rede de telecomunicacións e a rede de iluminación pública. Así mesmo, está proxectada a reposición dos pavimentos na zona de intervención.

Baixo este acordo, o departamento que dirixe M.M. Allegue segue impulsando a continuada colaboración coas entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.