A CHMS inicia os traballos de conservación no río Limia

A CHMS inicia os traballos de conservación no río Limia

Tamén continuan os traballos no río Bidueiro en Rairiz de Veiga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa os traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación. Esta semana inícianse as actuacións programadas no río Limia e no regato de Alongos, o seu paso polos municipios de Xinzo de Limia e Toén

 Ao mesmo tempo, continúan os traballos no río Bidueiro en Rairiz de Veiga. Actuacións que mellorarán a capacidade hidráulica dos leitos evitando os obstáculos ao paso da agua.

As actuacións consisten basicamente na retirada de árbores secos, derribados ou con estabilidade comprometida e na eliminación de elementos arrastrados pola corrente obstructores do leito.

Rio Limia  Xinzo (2)

Peculiaridades dos traballos no río Limia

Os traballos a realizar no tramo urbano de Xinzo de Limia executaranse en 2 fases, agora levarase a cabo a 1ª fase que consiste na tala, picado, apilado e retirada das árbores secos en pe con risco de caída sobre dominio público hidráulico e zona de servidume.

Ademais, procederase á retirada por arranque, co sistema radicular incluído, dos exemplares illados da especie exótica invasora Cortaderia selloana (plumero), que, unha vez arrincados, deixaranse secar co sistema radicular ao aire e os tallos florais introduciranse en bolsas herméticas para evitar a dispersión das sementes.

Na fase 2, que desenrolarase en época estival, pola necesidade de traballar con baixos calados, procederase á retirada dos brotes de salgueiro en dominio público hidráulico que disminuen a capacidade de desagüe do leito. Para elo procederase á corta e posterior destoconado dos exemplares e/ou cepas que nacen no leito do leito e inflúen considerablemente no bloqueo de fluxos de sólidos. 

Non se destoconarán árbores que nacen en taludes laterais para mantener a súa función de estabilización dos mesmos.

Inversión nos 3 municipios

A inversión estimada á finalización das actuacións enumeradas superará os 140.000 euros.