Medio Rural reforza a súa colaboración co Concello de Xinzo e co sector a prol da Pataca de Galicia

Medio Rural reforza a súa colaboración co Concello de Xinzo e co sector a prol da Pataca de Galicia

O impulso da calidade no sector foi outro dos asuntos abordados na xuntanza.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, e con representantes do sector galego da pataca.

O encontro serviu para avaliar a situación e perspectivas de futuro desta produción, así como para analizar o potencial da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia desde a perspectiva empresarial e da administración. O impulso da calidade no sector foi outro dos asuntos abordados na xuntanza.