Novo roubo no rural da Limia

Foto La Región
Novo roubo no rural da Limia

Esta vez foi unha casa vacacional na Forxa ( Porqueira)

Outro roubo na comarca da Limia, desta vez tocoulle A Forxa (Porqueira), onde os ladróns entraron nunha vivenda, cerca da Torre de A Forxa. A casa atopábase deshabitada, nunha zona illada e sen veciños arredor, na que os  seus propietarios residen en Barcelona.

Os ladróns aproveitaron o feito para perpetrar os feitos, polo que se descoñece con exactitude cando tivo lugar o suceso, aínda que as investigacións calculan que foi nas últimas duas semanas. 

Os delicuentes forzaron as portas principais para acceder ao patio interior, unha vez dentro destrozaron as portas da casa co obxectivo de levarse todo o que atoparan, incluidos electrodomesticos. Debido ao volumen e o peso do sustraido, suponse que empregaron algún vehiculo de grandes dimensións para transportar o material roubado.

Ninguen se enterou do roubo, ata que o fillo dos propietarios, encargado de visitar a casa cada certo tempo, foi ata alí e atopouse coas portas abertas e o interior da vivenda desbalixado. Nese momento deu aviso a Garda Civil, que acudiu este luns xunto coa Policía Xudicial para recabar probas.

DESTROZOS IMPORTANTES

Os ladróns neste caso, non solo se levaron cousas se non que arrasaron, entre outras cousas co sistema electrico total, incluido un cadro electrico de grandes dimensións, que agora teñen que repoñer na súa totalidade.