Máis de 2.000 persoas pasarán estes días polo museo do Entroido
Permanecerá aberto todos os días da semana que ven
Italia, Francia, Andalucía, Madrid e por suposto Galicia son as procedencias das persoas que durante estas semanas de Entroido, levan pasado e pasarán, con visitas e reservas programadas ata finais da semana que ven.
Solo en reservas para a semana que ven, hai citas para visitas guiadas de máis de 250.
Solo de Lousame chegaron a vistar o MUGAE este fin de semana pasado 70 e pola tarde outro grupo de 90 persoas. Entre o sábado e o domingo visitaron o museo máis de 500 persoas.
Duascentas dezaseis persoas, solo o día que os veciños da Veiga viñeron a deixar os seus traxes no museo.
ABERTO TODA A SEMANA
Dende o propio museo se nos comunica que durante a semana que ven o mesmo estará aberto todos os días, non pechando as súas portas de Luns a domingo.