Gran desfile infantil con corte da Xeral a partir das 11 horas de mañá venres
Comezan 6 días de Entroido ininterrompido, dende ovenres ata o mercores a troula non vai para no Entroido de Xinzo
Venres de Entroido
Gran Desfile infantil, onde mais de 1500 rapaces e rapazas, de 18 centros, desfilaran polas rúas de Xinzo. O desfile conxunto comezará as 11:30 h, con saída dende a estación de autobuses (avd. de Ourense) ata o CEIP. Rosalía de Castro, desfilaran colexio e ampas de toda a contorna.
Nesta ocasión, e no desfile do martes, estará habilitada unha zona con cadeiras para que a xente maior e os usuarios do centro de día e da residencia Santa Mariña poidan desfrutar do desfile.
Xa pola tarde, a partir das 18:00 h ata as 20:00 h comezará a animación infantil, da man de Cé Orquestra Pantasma, con moita música e actividades para os mais cativos.
Logo a noite, a partir das 21:00 h, as charangas Louband e Bandiños Band tomaran as rúas ata as 22:00 h, que dará comezo o Brilli Brilli Glam Remenber Party, na praza de San Roque, coas actuacións de Señora DJ, Leticia Sabater e Dmirón, suxírese ir vestidos con temática oitenteira, Brilli Brilli ou similar.
Unha vez rematado as 00:00 h volveran as charangas Bandiños Band e Louband ata as 2:00h.
Sábado de Entroido
As charangas comezarán as 12:00 h ata as 15:00 h ininterrompidamente, e despois de 18:00 h ata as 3:00 h, tocarán Pacharanga Sound León, Los Fugitivos, Achicoria, Patalea.
As 18:00 h na Praza Maior, a Agrupación Musical da Limia, ofrecerá un concerto, con novas cancións, acordes a época do ano.
Xa as 21:30 h, na Praza San Roque, será o primeiro pase da Orquetra Treból, que voltará as 00:00 h co segundo pase.
E por último, as 23:30 h dará comezo a actuación de La Duendeneta.
Domingo de Entroido
O tráfico estará cortado todo o día dende as 12:00 h.
A música comezará as 11:00 h, coa alborada da charanga Bandiños Band, seguida pola alborada a cargo da Agrupación Musical da Limia as 11:30 h. Que irán polo extraradio, para que a música chegue a todas as partes da vila. Para logo darlle paso a charanga Patalea as 12:00 h, que tocarán alternativamente coa charanga Achicoria.
As 12:30 h La Duendeneta, actuara na sesión vermut da Praza Maior.
Pola tarde as charangas Los Fugitivos, Patalea e Armando Jarana, percorreran as rúas a partir das 18:00 h.
Cabe destacar que as 23:00 h Os Festicultores Troupe comezarán o pasarrúas, para rematar actuando as 1:00 h na Praza Maior.
Luns de Entroido
A partir das 12:00 h, as charangas Armando Jarana, BBB, Achicoría, BB+ e BCB, encheran as rúas de música e festa.
As 18:30 h, na Praza Maior, terá lugar a animación infantil da man de...., onde se fará un baile de disfraces para os nenos e nenas, con música, xogos e animación.
Martes de Entroido
Volven as charangas, BBB, BB+ e Achicoría para animar as rúas, comezarán as 12:00 h, ao longo de todo o día.
Xa pola tarde a partir das 17:00 h, o esperado Gran Desfile de Entroido 2025, onde mais de 30 carroza e grupos, onde haberá 3000€ en premios para os participantes, percorreran as rúas principais mostrando os seus deseños e a orixinalidade do Entroido de Xinzo.
E as 19:00 h, na praza San Roque, actuará a orquestra Origen.
Lembrar que se habilitará unha zona con cadeiras para os maiores do centro de día e da Residencia Santa Mariña.
Mercores de Entroido
Xa para rematar e despidir o Entroido, as 20:00 h , Solemnen Procesión da Sardiña, acompañada pola Agrupación Musical da Limia.
E as 21:00 h, procederase a lectura do testamento que deixou a Sardiña e a posterior queima, onde as bágoas asomaran nas facianas de todos aqueles entroideiros e entroideiras a espera do próximo Entroido.