E-MO-CIO-NAN-TE
O desfile infantil estase a converter no día grande do Entroido de Xinzo.
Esta mañá levouse a cabo o desfile infantil, que se comezou a facer fai unha década de anos, pero que este ano xa cumpriu a súa maioría de idade en canto a organización, deseño de traxes para todas as idades e unha vistosidade e colorido que deixou sen palabras a cantidade de xente que acudiu as rúas de Xinzo a desfrutalo. Sen querer ser exaxerado, pouco lle queda para superar en público, se non o igualou xa, ao do martes de Entroido, cunha antigüidade de máis de 40 anos.
PAIS, NAIS, AVÓS, PRIMOS, TIOS E DEMAIS FAMILIA
Hoxe non faltou ninguén ao desfile dos mais de 1500 nenos, nenas e mozos dende case os 0 anos ata os maiores dos institutos de Xinzo. Todos os centros educativos da comarca da Limia, incluídas as casas niño estiveron en Xinzo e pasárono, como se soe dicir “EN GRANDE”.
PRESENZA DE DOUS CONSELLEIROS
Foto de familia das autoridades que presenciaron o desfile de principio a fin, incluidos viños polo barrio de Abaixo.
Entre o público ademais das autoridades locais e comarcais encontrábanse tamén os conselleiros de Cultura, que xa visitara onte Xinzo para anunciar o BIC para os entroidos de Galicia e o de Educación, que non quixo tampouco perderse o desfile de todo o alumnado da Limia.
Precisamente aproveitando a súa presenza, o concelleiro de festexos Ricardo Sieiro , encargado este ano da organización do desfile, trasladoulle Secretaria Xeral da Consellería en Ourense, veciña de Xinzo, unha petición de axuda para os centros do rural. A Secretaria Xeral da Xunta respostou que asumía o compromiso da súa parte, de que tratará co conselleiro unha axuda nos orzamentos dos centros da comarca para axudar a presenza dos mesmos neste magno desfile. Esperemos que ese compromiso se leve adiante pois escasos recursos con que contan os centros do rural, teñen que facer un gran esforzo, non solo na vestimenta se non no aluguer dos autobuses para trasladarse ata a capitalidade da Limia.