O Conservatorio de Xinzo tamén festexou o Entroido
Fixo un Concurso de Disfraces, Concurso Musical e como remate un Fin de Festa con Chocolatada
Neste curso 2024-2025 no Conservatorio Profesional de música de Xinzo volvemos festexar o entroido con varias actividades.
“CONCURSO DE DISFRACES” en dúas categorías: Individual e Grupal.
O alumnado do conservatorio durante toda a semana viñeron ás clases e incluso ós exámes, vestidos cos seus mellores disfraces, algúns deles incluso de elaboración propia e de diversas temáticas, aínda que a música foi un tema repetido.
“CONCURSO MUSICAL” en dúas categorías: Grao Elemental e Grao Profesional
O pasado xoves, día 27 sustituíronse as clases a partir das 18:00 pola Festa de Entroido onde se levou a cabo o “CONCURSO MUSICAL” no que todo o alumnado por grupos competiu para conseguir os trofeos cos seus mellores disfraces, interpretacións musicais e parodias de creación propia, nos que o xurado foi a xunta de delegados.
FIN DE FESTA CON CHOCOLATADA
No conservatorio rematouse a festa con unha gran chocolatada para repoñer a enerxía gastada.