​SONETO DO “ENTROIDO”

​SONETO DO “ENTROIDO”

Alfonso Carlos Lois

Comezan varios días de loucura,

de humor, bromas, retranca que encandila.

Xa corren as PANTALLAS pola vila;

o ENTROIDO, é festa tola e sen mesura.

Ninguén, apenas, garda a compostura:

un baila, este troulea, outro desfila;

un canta, outro parodia, aquel cavila…

de todo iso o ENTROIDO é unha mistura.

O pobo sae á rúa moi contento;

A xente a súa ledicia manifesta

e todo se volveu rebuldamento.

O día da “sardiña” hai un lamento;

mais, sempre queda a esencia desta festa:

cultura, tradición e sentimento!