Xa se coñecen os gañadores do Gran Desfile do martes

Xa se coñecen os gañadores do Gran Desfile do martes

A parodia e a sátira foron protagonistas tanto no desfile como en toda a festa.

A colaboración e implicación da veciñanza foron clave para o éxito deste ano.

O gran Desfile do Entroido de Xinzo de Limia, celebrado onte, acadou un enorme éxito cunha participación excepcional. En total, trinta grupos diferentes percorreron as rúas da vila, destacando polo traballo de elaboración dos seus vestiarios e estruturas, así como pola creatividade necesaria para desenvolver cada proposta.

A maiores, cómpre poñer en valor o alto nivel de parodia presente non só no desfile, senón durante toda a celebración do Entroido. A implicación da xente foi extraordinaria, asumindo con entusiasmo papeis alleos ao seu día a día e contribuíndo ao espírito transgresor e satírico que caracteriza esta festa.

As rúas de Xinzo estaban cheas de xente antes, durante e despois do desfile, completando un percorrido onde non quedou un só metro sen espectadores. Ademais, a meteoroloxía acompañou cunha xornada de temperaturas moi agradables, rozando en momentos os 20 graos, o que favoreceu unha participación masiva.

Desde o Concello de Xinzo de Limia valórase moi positivamente esta edición, xa que se confirma a tendencia do desfile, que se atopa á alza gracias  á colaboración e participación de todas as persoas implicadas.

Premios do desfile 

Tras as deliberacións do xurado, inmediatamente posteriores á celebración, os galardoados foron os seguintes:

  • Comparsas de menos de oito compoñentes:

    • 1º premio: Aladdín

      55

    • 2º premio: Madame Marian

      67


  • Comparsas de máis de oito compoñentes:

    • 1º premio: Diosas de Arrancada

      133

    • 2º premio: Vudú de Dina Volvarte

      113


  • Carrozas:

    • 1º premio: Os de Sempre

      IMG 3607

    • 2º premio: Big Taxi Tours

      IMG 3625

      Mención especial do xurado: 

      Fórmula Galega, polo gran traballo levado a cabo por estes mozos a hora de facer unha replica tan ben elaborada.

      157