Pequeno incidente na queima da sardiña
Todo se quedou nun par de sustos
O enterro da sardiña comezaba con retraso en Xinzo e sen procesión por mor da chuvia e todo ía marchando como de costume ata que comezou a queima da sardiña.
Nos primeiros segundos unha das caixas dos petardos luminosos, co primeiro estrondo, segundo comentou o concelleiro, segundo a explicación que lle deu o representante da empresa pirotécnica, deuse a volta e os seguintes petardos, ata o consumo final, saian de lado tendo que fuxir toda a xente que estaba vendo dende esa zona.
ALGÚNS ENTRARON NUNHA CAFETERIA
Algúns dos petardos entraron pola porta dunha das cafeterias da praza, co que os clientes levantáronse todos e saíron para fora, onde tamén estaban saíndo os mesmos. Algunha das persoas en principio asustaron, non tendo máis aló que algunha mancha de pólvora, afortunadamente nunha cazadora.
O queimado seguiu ata o consumo final da sardiña, sen ter que reseñar que se saiba ningún incidente de maior contía.
NUNCA LLE PASOU NADA PARECIDO
O responsable da empresa pirotécnica, que leva facendo isto máis de 25 anos, estaba tan sorprendido como os que miraban, comentou que en toda a súa traxectoria nunca lle pasara nada, nin parecido.