Outro roubo no rural da Limia

Outro roubo no rural da Limia

 Esta vez en Parada de Outeiro, concello de Vilar de Santos

 O Pazo da Señorita foi o que sufriu o último roubo no rural da Limia, que se saiba.

Un veciño do pobo onde se atopa esta edificación catalogada Pazo da Señorita, avisou as propietarias que soen pasar os fins de semana no pazo de que a persiana de aceso dun habitáculo do pazo estaba rota.

Cando viñeron as propietarias déronse conta que rompendo esa persiana chegáronse ata a cociña levándose un TV, bebidas e unhas cantas moedas que había na cociña.

INTENTO FALLIDO DE ROUBAR NOS SALÓNS


WhatsApp Image 2025 03 06 at 20.02.12

Segundo as noticias que chegaron a dendealimia, non poden precisar cando foi, porque cando o veciño se deu conta e avisou xa era fin de semana. O que si se sabe e que os ladróns intentaron entrar en outras estancias do pazo, pero non puideron porque as portas de aceso estaban con trancas polo seu interior, trancas antigas que nesta ocasión defenderon as estancias ante os ladróns que non puideron adentarse nas habitacións máis importantes do Pazo.

Precisamente este pazo é propiedade dunha familiar directa do noso colaborador Brea Sanmartin. As propietarias deron parte as forzas da Garda Civil. O que si parece claro e que a “banda” desarticulada fai 15 dias que se dedicaba a “estes menesteres” non puido ser, por estar todos detidos, co cal ai que seguir en alerta nas vivendas do rural.