Xinzo aposta pola educación en igualdade cunha ampla programación polo 8M
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, xunto co CIM, organizan actividades para os centros educativos.
O “Concilia de Semana Santa” contará con 20 prazas gratuítas.
O Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde do Concello de Xinzo organizaron unha ampla programación con motivo do Día Internacional da Muller. As actividades, financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a Consellería de Política Social e Igualdade, desenvolveranse entre marzo e abril, cunha oferta diversa para diferentes idades e públicos.
O sábado 8 de marzo instalarase unha carpa informativa dende as 11:00 horas na Praza Maior e ás 13:00 horas leraste o Manifesto Institucional.
Nos centros educativos, haberá propostas dinámicas como a Escape Room: Historia do Feminismo, destinada ao alumnado de 6º de primaria. Celebrarase no CEIP Rosalía de Castro o 7 de marzo e no CEIP Carlos Casares o 14 de marzo, co obxectivo de afondar na historia do Movemento Feminista Occidental.
A nivel de secundaria, o alumnado de 1º da ESO do IES Cidade de Antioquía participará o 10 de marzo na actividade “Influential Women Around the World”, mentres que o de 4º da ESO do IES Lagoa de Antela farao o 13 de marzo. Trátase dun concurso en inglés sobre mulleres que marcaron a historia mundial.
Tamén para o alumnado dos IES, organizáronse dous obradoiros para fomentar as relacións de bo trato:
O 14 de marzo desenvolveranse dúas accións paralelas:
Para pechar a programación do 8M, e co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral, organizarase o Concilia de Semana Santa, que se celebrará os días 14, 15 e 16 de abril no Pavillón Polideportivo de Xinzo. Haberá 20 prazas gratuítas para crianzas de 4 a 12 anos, cun programa de xogos e dinámicas en inglés. Terán preferencia no acceso as familias de mulleres en situación de vulnerabilidade.