IXP Pataca de Galicia reforzna a colaboración para impulsar o sector
A finalidade é estudar as oportunidades dentro do mercado
Desde a IXP Pataca de Galicia agradecemos a total disposición da Consellería do Medio Rural para seguir apoiando a calidade diferenciada da nosa pataca
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse este mediodía con representantes do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, para abordar algunhas cuestións vencelladas coa produción deste tubérculo amparado baixo un selo de calidade diferenciada.
Nesta xuntanza avaliáronse as posibles liñas de actuación para potenciar o consumo deste produto agroalimentario e analizouse a súa situación actual, co fin de poder estudar as oportunidades dentro do mercado.
Desde a IXP Pataca de Galicia agradecemos a total disposición da Consellería do Medio Rural para seguir apoiando a calidade diferenciada da nosa pataca e impulsar accións concretas que beneficien tanto ao sector produtor como aos operadores. Consideramos que a cooperación e o traballo conxunto entre administracións e representantes do sector son esenciais para garantir un futuro sólido e competitivo para a pataca galega.
O Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia continúa co seu labor de supervisión, control e garantía da calidade da pataca certificada, asegurando que os intereses de todos os produtores e operadores do sector sexan escoitados e tidos en conta en cada paso do proceso. Reafirmamos o noso compromiso co diálogo aberto e construtivo como ferramenta clave para afrontar os retos e oportunidades do sector.