Novas ameazas dos ciberdelincuentes
Estas son as posibles tácticas que empregaran no 2025.
A ciberdelincuencia leva aumentando dende a pandemia, o aumento do comercio online, o teletraballo e o uso de redes sociais fai mais fácil este tipo de ataques. Os ciberdelincuentes están cada día mais preparados e contan con ferramentas mais sofisticadas.
Ataques usando a Intelixencia Artificial (IA)
Os ciberdelincuentes usan a IA para sofisticar os seus ataques, mediante SMS de phishing (ataque que intenta roubar o seu diñeiro ou a súa identidade, facendo que divulgue información persoal en sitios web que finxen ser sitios lexítimos)
Exemplo: Un SMS que parece do teu banco e che pide que verifiques o teu contrasinal.
Protéxete: Non fagas clic en enlaces sospeitosos nin des datos persoais. En caso de dúbida, contacta primeiro co teu banco.
Aplicacións falsas
Existen apps maliciosas que simulan ser oficiais e poden comprometer a túa seguridade.
Exemplo: Descargas unha app que promete música ou clases de ioga gratuítas, pero en realidade é un malware que intenta acceder aos datos e aplicacións do teu móbil, incluídas as apps bancarias.
Protéxete: Usa só App Store ou Google Play para descargar calquera app.
Fraudes en redes sociais
Os estafadores fanse pasar por amigos ou empresas para enganarte.
Exemplo: Recibes unha mensaxe solicitando "axuda urxente" ou promocións sospeitosas.
Protéxete: Verifica sempre a identidade de quen te contacta e nunca compartas información persoal por redes sociais.
Chamadas sospeitosas
Os estafadores fanse pasar polo teu banco para enganarte.
Exemplo: Recibes unha chamada na que che piden que fagas certas operacións bancarias.
Protéxete: Verifica sempre a identidade de quen te chama e nunca compartas información persoal si a chamada paréceche sospeitosa.
"Carding"
Estafa que consiste en acceder ilegalmente ao número dunha tarxeta bancaria, a través da cal fan pequenas compras, a través dun software xeran de xeito aleatorio a data de expiración e o código de seguridade.
Exemplo: Na súa conta aparecen pequenos cargos pendentes de autorizar.
Protéxete: Usa redes seguras a hora de facer pagos e xestións bancarias, revisar periodicamente os cargos realizados na túa tarxeta.
Ante calquera dúbida e antes de facilitar algún dato persoal ou bancario, ponte en contacto co teu banco e descarta dúbidas.