Remata o Entroido co fin de semana de Piñata
Ainda que a previsión do tempo non sexa favorable, iso non impide que os limiaos despidan o seu Entroido 2025
Este fin de semana, será o último fin de semana do Entroido 2025. Inda que o tempo non acompañe o programa manterase como estaba previsto, agás o domingo.
O sábado as 18:30 h, na Praza Maior, terá lugar o tradicional Xogo da Cucaña, a ver quen se fai co xamón??
Logo as 20:00 h, haberá un Baile de Mascaritas e Capuchóns, con animación musical a cargo do Dúo Explosión, dende a organización prégase vir disfrazados con capuchóns ou calquera disfrace coa cara tapada.
O domingo suspendese a actuación da Gran Orquestra Kubo, dadas as adversidades climatolóxicas, as 19:00 h procederase a entrega de premios as Comparsas e Carrozas, na Praza Maior.
Pero antes diso, a música comezará a soar dende as 12:00 h ata as 15:00 h, gracias as charangas Queloque´s e BCB. Volvendo a tarde dende as 18:00 h ata as 22:00 h.
Para os mais cativos, na Praza Maior, as 17:30 h, haberá actividades infantís. A animación correrá a cargo de Dj Legado de Tibu, onde os cativos e cativas xogaran o Xogo da Silla, da Corda e Carreira de Sacos, a miores haberá talleres de Pintacaras e Chapas.