Asunción Morgade, alcaldesa de Rairiz, contradice aos veciños de Aldea do Muiño

Asunción Morgade, alcaldesa de Rairiz, contradice aos veciños de Aldea do Muiño

"a alcaldesa non foi berrar cos veciños en ningun momento, non tivemos ningunha disputa" Asunción Morgade

Este xornal fixose eco, esta tarde, da situación que denuncian os veciños e veciñas de Aldea do Muiño, eles alegan que o concello de Rairíz non lle pon solución. 

Unha vez publicada esta noticia, a alcadesa de Rairiz de Veiga,  Josefa Asunción Morgade Rúa, puxose en contacto con este xornal para desmentir tal información.

Transcribimos comunicación integra do concello: "Dende fai 15 dias esta a obra rematada. 

E todos os veciños que o solicitaron teñen nas suas casas traida de auga xestionada polo Concello coas debidas garantias sanitarias.

O que pasou neste pobo foi que existia unha traida de auga xestionada polo pobo, e nalguns momentos debido a desavenencias entre os veciños, non xestionaban o suministro de auga debidamente quedando en moitas ocasions os veciños sen auga.

Motivo polo cal o concello convocou unha reunión cos veciños e fixose cargo do abastecemento de dito pobo, tivose que facer unha traida nova e as obras levan un tempo.

Neste momento todos os veciños que o solicitaron teñen auga nas suas casas debidamente tratada con todas as garantias sanitarias.

A alcaldesa non foi berrar cos veciños en ningun momento non tivemos ningunha disputa para eso se fixo a reunión cos veciños e se levantou acta."