Primeira vitoría dos veteranos do A.B. Xinzo
Resumo da xornada, onde o Entroido fixose notar.
Veteranos
Primeira vitoría do equipo veteranos, que comezaron este ano, no seu cuarto partido gañaron contra os Golfiños de Sada, por 56-34 para os de Xinzo.
Senior
Importante vitoria, hoxe a maña, en Balaídos, contra Seis do Nadal-Coia, gracias a esta vitoria van encamiñandose a salvar a categoría.
Junior
Primeira derrota para eles, despois de 6 partidos invictos, neste caso foi contra o C.B. Val de Lemos. o "efecto Entroido" notouse no último cuarto, un mal último cuarto de 24-8 fixo que o partido se fora por a borda.
Cadete
Os cadetes masculinos non xogaron.
As cadetes femininas xogaron o xoves, no derbi contra o Allariz, un mal partido polos efectos do Entroido, que propiciaron a vitoria do Allariz.
Infantil
Os dous equipos infantis 2011, tanto masculino coma feminino, gañaron os partidos.
O infantil feminino, o domingo pola mañá, contra o Maside, cun marcador de 62-59, tras remontar no último cuarto.
O infantil masculino, gañaron contra o Barco.
Os dous equipos 2012, perderon este fin de semana. O femininno contra Carmelitas e o masculinos contra BBall. Moitos deles son xogadores de primeiro ano, que ainda se están formando, polo que o importante non son as victorias nin as derrotas, senon a formación, xa que ainda lle quedan moitos partidos por diante.
O feminino 2013, perderon o domingo a maña contra o Carmelitas. Carmelitas é o equipo invicto.
O masculino 2013, de Liga Galega, xogaron a prorroga contra os Golfiños de Sada, un partido moi igualado no que finalmente, onde se notou a ausencia de Dani (selección galega), os do A.B perderon.
Minis
O mini 2014 feminino descansou
O mini 2014 masculino, xogou o venres en Xinzo contra BBall, e perderon
Preminis
As preminis femininas perderon contra Xuventude Verín.
Os preminis masculinos gañaron contra o Guillelme Brown