20 km de persecución ata Trasmiras
A condutora é investigada por 3 delitos contra a Seguridade Vial, un delito de desobedencia e un delito de atentado contra os Axentes da Autoridade.
O 28 de febreiro, os Axentes da Garda Civil conseguiron bloquear a traxectoria do vehículo e reducir e deter a condutora, despois dun violento forcexeo entre eles e a detida, a cal se negou a realizar as probas de alcohol e drogas.
A persecución produciuse cando, as 7:30 h dese mesmo día, compoñentes do Destacamento de Tráfico e do Equipo de Investigación de Sinistros Viais de Verín que se atopan na carreteira N-525, o seu paso polo municipio de Verín, realizando un punto de verificación de alcohol e drogas, con motivo do dispositivo de "Comadres-Entroido 2025".
Os axentes observaron como un vehículo trataba de eludir o control policial, adiantando aos vehículos detidos pola marxe esquerda, ocupando o carril en sentido contrario. Un dos axentes fíxolle sinais para que detivera a marcha, pero a condutora fixo caso omiso, acelerando mais a marcha, tendo o Garda Civil que saltar para evitar ser atropelado.
Tras elo, os Gardas Civis iniciaron un seguimento ao vehículo fugado durante mais de 20 km, nos cales a condutora realizou adiantamentos circulando vehículos en sentido contrario e tratando de cambiar o sentido da marcha en númerosas ocasións. Ata que os axentes a conseguiron deter en Trasmiras.
A condcutora esta sendo investigada por 3 delitos contra a Seguidade Vial (conducción temeraría, conducción baixo a influencia de bebidas alcoholicas e sustancias estupefacientes e por negarse a someterse as probas de detección alcoholica e de drogas), un delito de desobediencia e un quinto delito de atentado contra Axentes da Autoridade.