A Lúa de Sangue será visible na Limia

A Lúa de Sangue será visible na Limia

Na madrugada deste venres poderase contemplar a simple vista, a súa fase plena será entre as 7:26 e as 8:31, sendo o punto alxido as 7:50 h 



Definitivamente este ano, será un gran ano para os amantes do cosmos. 

O mes pasado tivo lugar a aliñación de 6 planetas, pero chega marzo con 2 eclipses. Dos 4 que se produciran este ano, 2 de Lúa e 2 de Sol, xa que os eclipses sempre ocorren a pares, un eclipse de  sol ou de lúa sempre ven seguido, arredor de dúas semanas despois, por outro de diferente tipo.

O primeiro será un eclipse total de Lua, a chamada "Lúa de Sangue", o 14 de marzo, seguido por un parcial de sol o día 29 do mesmo mes.

O momento culminante, e dicir, a fase de totalidade producirase entre as 7:24 e as 7:26 h da maña. 

O eclipse será plenamente visible dende Galicia, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

¿Por que se lle chama Lúa de Sangue?

Durante os eclipses lunares totais, a lúa a miúdo vese de cor vermello ou alaranxado, por iso se lle coñece como Lúa de Sangue.

Isto ocorre por un fenómeno coñecido como dispersión de Rayleigh, que ten que ver con como a luz solar interactua coa atmosfera da Terra. Cando a luz solar pasa a través da atmosfera da Terra, dispersase, pero non todas as cores dispérsanse da mesma forma: a atmosfera filtra as lonxitudes de onda de luz mais cortas (os azuis e os verdes) e deixar pasar da forma mais directa as lonxitudes de onda mais largas (os vermellos e os laranxas)

2025 03 14 moonSequence OurenseCronoloxía do eclipse lunar total deste 14 marzo observado desde a provincia de Ourense. / Instituto Geográfico Nacional (IGN)

Eclipse parcial de Sol

Marzo despedira con outro eclipse, esta vez de Sol e parcial. Será o sábado 29 de marzo e aínda que o fenómeno non será pleno, tamén será visible en Galicia.

Poderemos ver o Sol cunha pequena dentada na súa parte superior dereita, que ira avanzando cara a esquerda para finalmente brillar de novo ao completo.

Este fenómeno dará comezo sobre as 10:42 h e terminará sobre as 12:39 h, cun minutos de variación segundo a provincia galega dende a que se observe. O seu punto álxido rexistrarase as 11:38 h.

2025 03 29 sunSequence OurenseCronoloxía do eclipse solar parcial deste 29 marzo observado desde a provincia de Ourense. / Instituto Geográfico Nacional (IGN)