O Hidrogeodía 2025 celébrase en Sandiás

O Hidrogeodía 2025 celébrase en Sandiás

Unha ollada a xeoloxía da Limia e a súa influencia nas augas subterráneas.

O Hidrogeodía é unha xornada de divulgación da Hidroxeoloxía con motivo da celebración do Día Mundial da Auga (22 Marzo), promocionado polo grupo español da Asociación Internacional de Hidrogeólogos (AIH-GE). 

En Ourense, o Hidrogeodía 2025 celébrase en Sandiás, na comarca da Limia e veremos como os recheos sedimentarios da conca da Limia onde en tempos estaba o expléndido humidal natural da Lagoa de Antela, inflúen no comportamento das augas subterráneas da zona.

A xeoloxía tamén forma parte do patrimonio natural e xoga un papel moi importante porque condiciona o relevo dunha zona e con elo o clima, a flora, fauna e modo de vida dos habitantes. A Limia Alta conta con lugares de interese e nestas xornadas de turismo xeolóxico organizado en roteiro preténdese observar e interpretar coa mirada do xeólogo algúns destes lugares no ámbito territorial do Concello de Sandiás.

Visita guiada: Eduardo González Clavijo, xeólogo, con máis de 10 anos especializado en divulgación científica no sur de Galicia e coordinador a nivel estatal.

Foto (2)

Itinerario interpretativo:

-Visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

- Observación e interpretación da conca sedimentaria da Limia desde Pico Costoira (Cerredelo)

- Observación e interpretación de cráteres de antigas explotacións areneras de Sandiás e visita “in situ” á explotación dunha arenera analizando o papel das augas subterráneas e a súa relación co medio ambiente.

Información de horarios e guía didáctica: https://www.aih-ge.org/hidrogeodia-2025/

Puntos de encontro e horas de salida e chegada do autobús:

- Data: sábado 22 de marzo de 2025

- Punto de encontro: Centro de Interpretación Lagoa de Antela (Sandiás). 9.30 h.

https://maps.app.goo.gl/eZH8P23xWZNxZr ZM9

- Dende Ourense: O 22 de marzo partiremos en autobús cara Sandiás ás 9 da mañá desde o intercambiador de autobuses da Alameda de Ourense, na traseira das oficinas de Correos da rúa Progreso, en Google Maps: https://maps.app.goo.gl/MHo3Xy1GSocudue 69

- Fin da actividade: Despois duns petiscos no Local Social de Sandiás, a actividade termina ás 14.30 h. O autobús chegará a Ourense sobre as 15.10 h

Actividade gratuita. Precisase de inscrición obrigatoria en: culturaeturismo@sandias.es

(nome, apelidos, teléfono e lugar)

Recoméndase levar calzado cómodo, bocadillo, froita ou refrixerio de media mañá e auga.

Tamén vestimenta apropiada en función da predición meteorolóxica.