O Entroido Galego xa é un Ben de Interés Cultural (BIC)
A Xunta concedelle este recoñecemento na categoría de patrimonio inmaterial.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a declaración do Entroido galego como Ben de Interese Cultural, polo que, a Xunta de Galicia conclúe todo o proceso, iniciado no 2024, deste recoñecemento co que se acredita o seu valor singular como patrimonio inmaterial do pobo galego, e que supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e conseguir o maior nivel de protección.
A culminación deste procedemento chega tras a aprobación deste decreto por parte do Consello da Xunta o pasado luns 3 de marzo, e despois de recibir os informes favorables do Consello da Cultura Galega e do Museo do Pobo Galego, si que se houbera rexistrado ningunha alegación. Recollese a relevante presencia nas artes e nas letras, dentro e fora da nosa Comunidade.
Nesta declaración de Ben de Interese Cultural tamén se enxalza a riqueza, diversidade e multitude de expresións singulares propias do Entroido, destacando a súa "pluralidade e extensión por todo o territorio galego. Hai que recordar que un total de 191 dos 313 concellos galegos (61%) escolle unha data vinculada ao Entroido como festivo local.
O decreto tamén ten en conta que varios entroidos teñen o recoñecemento de festas de interese turístico. Como é o caso de Xinzo de Limia, que é de interese turístico internacional, o de Verín, de interese turístico nacional, e outros 9 entroidos que están recoñecidos como festas de interese turístico de Galicia: Cobres, Laza, Viana do Bolo, o Folión tradicional do Entroido de Manzaneda, o xeneral da Ulla, Maceda, Vilariño de Conxo, Foz e o Enterro da Sardiña de Marín.
Gracias a isto recolleranse unha serie de medidas para salvagardar, preservar, transmitir e revitalizar este Ben de Interese Cultural. Polo que se recollera a conveniencia de proceder ao arquivo e sistematización de documentos relacionados con este patrimonio para poder ter "unha comprensión mais eficaz e completa" e garantir a súa preservación futura. Ao respecto, tamén se recomenda que se incorpore a ensinanza "tanto formal como non formal" e se poña en marcha un repositorio do Entroido galego coa documentación, testemuños, materiais audiovisuais e outros rexistros de interese.